0nte díxenlle ó meu fillo que facía un tempo eu fun moi forte...
-Non te creo...ti forte?
-Si...cando o tío Lolo empeorou e estaba nesa sala na que o tiñan entubado...
xa non abría os ollos,non sei se o seu cerebro tiña vida...
se escoitaba...non sei se inda era él...
Eu entraba cada día a velo,só mo permitían durante media hora à mañà e media hora à noite.
Poñíame de pe ó seu lado e acariciàballe as mans e a cabeza...empezaba a falarlle, pero tiña medo de que notase tristura na miña voz así que cantáballe.
Cantàballe as cancións de os Paiasos da tele'Hola don Pepito',...'un barquito de càscara de nuez'...'Había una vez...'
Así despexaba da miña mente as ganas de chorar.
-Ala!!!!E por qué lle cantabas iso???Vaia cancións...
-Pecha os ollos,imaxina que estàs tumbado,que non tes forzas nin para pestanexar,e ó teu redor notas as mans frías das enfermeiras,as súas voces axetreadas mentras atenden aquí e alà...e às veces a voz aguda dalgún médico que fala en ton serio dando instrucións...e durante un ratiño no largo do día notas a miña man quentiña,enredàndoche no pelo,e oes a miña voz que polo menos sonarà màis familiar...
- E comencei a cantar...poñendo a miña man sobre a súa man,na súa boca comenzouse a debuxar un amplo soriso que acabou en carcajada.
-Que?...Qué sentiches?
Abriu os ollos.
-Alegría...
Pois eso era o que eu quería...inda co meu corazón sentise a pena màis grande que puiden soportar.
0 comentarios:
Publicar un comentario