Leín este libro por primeira vez alá no ano 1993,como traballo para a escola,e como en casa sempre tivemos costume de conservar os libros puiden leerlle o mesmo exemplar ó meu fillo nestas vacacións de nadal.Coma case sempre pasa cos bos libros,ten máis dunha lectura,daquela quedei coa parte do diario da nena ; Alba,que é dunha vila galega,que foi a protagonista dunha aventura que cambiou o mundo.E agora xa me quedo coa parte crítica á OTAN,que coma o resto de organizacións, países,políticas e sistemas non lles interesan os movementos pacifistas porque da paz non se lucran...e a maioría dos que están por riba están para lucrarse, por iso non interesan as solucións para a fame,nin para a falta de auga ...interesa que haxa guerra e desigualdade.
Ademáis son eficaces neso de educar á xente para que pensen que non se pode cambiar nin facer nada...só deixarse levar.Pero por sorte hai moita outra xente con conciencia social que sí cree que é posible cambiar o mundo,cando sexamos maioría conseguirémolo.
0 comentarios:
Publicar un comentario